domingo, 22 de marzo de 2020

Forbidden friendship - 3º/4º EP

Bo día!

Por 3º/4º EP seguimos coas bandas sonoras como viñamos facendo no cole.

Desta vez, propóñovos esta peza que, se ben non me equivoco, temos empregado algunha vez na relaxación ao rematar a clase. Trátase da peza "Forbidden friendship", da película Como entrenar a tu dragón. A banda sonora desta película foi composta por John Powell.


  • Despois da entrada da orquestra, comeza un ostinato (un modelo rítmico que se repite constantemente) por parte duns instrumentos de percusión dos que temos na aula de música e da súa "irmá maior", a marimba, acompañados por campás. Adiviñades de que instrumentos se tratan? 
  • Ademais dos instrumentos de percusión antes mencionados, que outros instrumentos identificas?
  • Cara o final da peza, hai un momento no que empezan a soar voces. Que tipo de voces son, masculinas ou femininas? Atreveríadesvos a dicir se son baixos, tenores, contraltos ou sopranos?

Espero as vosas respostas.

Saúdos a tod@s!


9 comentarios: