Ola a todos!
Estreamos o blogue cun reto para 5º e 6º EP para levar a cabo alomenos mentres dure a corentena, aínda que se pode continuar no caso de que nos reincorporemos pronto ás clases.
Para animar un pouco estes días encerrados na casa, que vos parece se escoitamos un pouco de música?
Enviade ó correo quintoesextofonteescura@gmail.com unha lista coas vosas 5 cancións preferidas. Procurade que non leven palabras malsonantes e que non teñan contidos inapropiados, pero salvo por iso, calquera estilo vale. Intentade tamén que sexan o máis variadas posibles, é dicir, que non sexan todas do mesmo cantante ou artista.
En canto mas enviedes farei unha entrada no blog https://musicalbamapi.blogspot.com cada día para que todos escoitedes a música de cada un dos vosos compañeiros. Deberedes comentar no blog (indicando o voso nome) que canción das que comparten os vosos compañeiros vos gustou máis e cal menos, e por que.
Unha aperta a todos e espero que esteades todos ben.
Alba_Mapi